Semana das linguas, as literaturas e a tradución
Esta semana xorde como unha iniciativa para celebrarmos na Facultade de Filoloxía e Tradución o 23 de setembro, Día Internacional das Linguas de Sinais; o 26 de setembro, Día Europeo das Linguas; e o 30 de setembro, Día Internacional da Tradución.
O noso obxectivo é achegar ás estudantes e á cidadanía os coñecementos e actividades que desenvolvemos nestes campos!
A primeira edición tivo lugar en 2024. Este ano, en 2025, celebramos a segunda edición.
Conferencias
La importancia de las humanidades en publicidad
Palestra impartida por Román Bello e presentación do seu último libro “El libro del coprywriting” . Salón de graos. FFT.
Conferencia de Laura carta
Conferencia organizada por La Dante impartida por Laura Carta (Università di Bologna). Título: “Un nuovo modello di famiglia. L’esperenza vissuta e teorizzata dalla scrittrice Michela Murgia. Celebrarase no edificio Redeiras. Martes 30/9/2025. Ás 18.00 horas
Conferencia de M’Bare
Conferencia de M’bare. Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. Luns 22/9/2025. 13.00 horas.
Conferencia de Laura Saez
Conferencia sobre “Aspectos tradutolóxicos no marco da edición independiente de Galiza”. Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. Martes 30/9/2025. 10.00 horas.
Las traductoras en la edad de plata
Palestra impartida por Assumpta Camps . Salón de graos. FFT. 2/10/2025
Mesas redondas
A literatura sen barreiras
Mesa redonda A literatura sen barreiras: lectura fácil, inclusión real? Presentación da nova colección de Galaxia de literatura en linguaxe sinxela. Interveñen: Marcos Calveiro (director da editorial Galaxia), Jesús Meiriño (adaptador a LF), Alexander Rodríguez (validador). Modera: Lourdes Lorenzo. Salón de actos da FFT
Mesa de bolleras, migras e lisiadas
Mesa redonda para falar da experiencia das minorías. Celebrarase o mércores 1/10/2025. Ás 18.00 horas. Edificio Redeiras
Cursos de idiomas
Cursos gratuítos de iniciación ao éuscaro e ao lituano
Cursos gratuítos para familiarizarse coas linguas lituana e éuscara. Inscrición na lapela de inscricións nesta misma web.
Faladoiros
Faladoiro
Faladoiro con Raquel Senra sobre as saídas profesionais dos estudos de tradución. Día 25 de setembro. Aula B3. FFT. De 10 a 11.30 horas.
Proxección de curtametraxe
Proxección de Pato$
Proxección da curtametraxe rodada en linguaxe de signos Pato$, última llamada. Hai cine máis alá do son: mergullarse na percepción xorda.
Interveñen: Veru Rodríguez (director e produtor, Idendeaf), Miguel Carregado Mito. Modera: Concha Báez
Auditorio do Concello. Xoves 25/9/2025. 20.00 horas
Andainas literarias
Ruta Vigo Noir
Andaina coa compañía de autores e autoras que ubican as súas obras na cidade de Vigo. Martes 23/9/2025. Ás 18.00. É preciso inscrición. Visitar a lapela de inscricións nesta web.
Literatura ás agAchadas
Andaina literaria onde en diferentes puntos do centro da cidade de Vigo, as persoas poden encontrarse con autores e autoras de Galiza para falar das súas obras. Mércores 24 de setembro. Ás 18.00 horas.
Clube de lectura e presentacións de libros
Clube de lectura de literatura africana
Clube de lectura moderado por Carla Figueiras Catoira para acercarse a literatura africana traducida ao español. Redeiras. Do luns 29/9/2025 ao xoves 2/9/2025. Ás 19.00 horas. Edificio Redeiras
Luns 29/9/2025
Presentación dos libros:
Introdución á tradución, traducido por Alberto Álvarez Lugrís.
O parlamento dos paxaros. O libro da duquesa, traducidos por Jorge Luis Bueno Alonso.
De 18.00 a 19.00.
Edificio Redeiras.
xoves 2/10/2025
Presentación dos libros:
Lengua mutante, editado por Ártemis López.
Voces de mujeres, editado por Ana Varela, Susana Rodríguez Barcia e María Méndez.
De 18.00 a 19.00.
Edificio Redeiras.
Xornadas
Xornada do queer na literatura
Xornada sobre o Queer na literatura e na cultura. Casa galega da cultura. Venres 26 de setembro. Ás 18.00 horas
Xornada sobre a discriminación lingüística
Xornada onde participan persoas expertas no tema da discriminación lingüística. Conferencias e coloquio posterior. Venres 3 de outubro. Ás 16.00. Redeiras
XORNADA SOBRE TRADUCIÓN
Xornada sobre tradución. Xoves 11 de setembro. De 11.00 a 18.00. No Salón de actos da FFT.